Logotipo de Petición Pública España
Vista la Recogida de Firmas Apoya este Recogida de Firmas. Suscríbase y divulgue. Su apoyo es muy importante.

Recogida de Firmas Solicitamos parques para os nosos cans

Para: Concello de Vigo, Area de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo

Somos veciñas e veciños do concello de Vigo, donas e donos de cans. Todos os días sacamos ós nosos cans a pasear, obrigación que debemos cumprir para unha mellor saúde física e mental, exercitalos e que fagan as súas necesidades. Para un can equilibrado, é preciso que se socialice con outros cans, tal e como facemos os seres humanos, e igual que os nenos precisan de parques para poder xogar, os nosos cans tamén precisan espazos amplos para correr, saltar, xogar con outros cans, etc.
A día de hoxe, os nosos cans neste concello, teñen que conformarse con ser paseados atados dunha correa sen poder correr polos parques nin disfrutar da herba nin da praia. Ningún de nos pretende que o seu can faga dano, ataque, morda a outra persoas nin que estes se apropien das rúas de forma descontrolada, tan só pedimos espazos en Vigo, zonas como Castrelos, Barreiro, Praza de Compostela, Castro, .... onde hai sitio tanto para as persoas como para os animais, zonas acotadas, onde tanto eles coma nos podamos estar tranquilos e evitemos riscos como os coches na estrada ou simplemente evitar xente que non gusta dos cans ou simplemente lle teñen medo, que as hai. O único que buscamos con todo isto, é que os nosos animais poidan xogar, correr, facer exercicio, xa que é necesario para o seu equilibrio físico e mental, ademais de evitar os abandonos dos mesmos, xa que un can con falta de exercicio buscaría a descarga na propia casa levando a cabo destrozos. Queremos,e por iso solicitamos, zonas verdes na cidade e nas aforas, como xa teñen noutras cidades tanto da Galiza, como no resto do Estado Español, onde eles poidan disfrutar, con papeleiras onde botar excrementos, en definitiva, un parque para cans ou ben zonas acotadas nos propios parques que xa temos.


¿Cuál es su opinión?
Esta recogida de firmas se encuentra en el sitio web Petición Pública España que proporciona alojamiento online gratuito para recogidas de firmas públicas. Si usted tiene una pregunta para el autor de la petición puede enviar a través de esta página de Contactar Autor
Ya Firmado
106 Personas

Su apoyo es muy importante. Apoye esta causa. Firma la recogida de firmas.